A alcaldesa da Coruña fai a "enésima chamada á responsabilidade individual" para frear a repunta de contaxios

"Non son especialmente optimistas á vista de como vai a curva", di Inés Rey.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/01/2021 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo a "enésima chamada á responsabilidade individual" para frear os contaxios de coronavirus ante a celebración da chegada dos Reis Magos este mércores, día 6. "Podemos establecer todas as restricións do mundo, pero se o sentido común non impera, é moi complicado", advertiu á poboación.

A alcaldesa, Inés Rey, con máscara nun pleno
A alcaldesa, Inés Rey, con máscara nun pleno | Fonte: Concello da Coruña.

A rexedora admitiu que os datos son "preocupantes" e que existe un "repunta" con respecto á semana pasada, alertando de que "faltan os datos de Fin de Ano e Ano Novo". "Non son especialmente optimistas á vista de como vai a curva", lamentou.

Rey pediu "extremar as precaucións". "A situación non está nin moito menos controlada", apuntou, descartando que a vacina variase a situación. "Hai que manterse alerta", apostilou.

"Podemos restrinxir a mobilidade, podemos establecer novas medidas, pero hai algo que debe imperar e é o sentido común", remarcou, pedindo o uso da máscara e a distancia de seguridade e "evitar situacións de risco" como, dixo, "reunións masivas".

A alcaldesa coruñesa tamén se referiu a a visita dos Reis Magos á cidade, que este ano será distinta por mor da Covid-19. "Non é unha cabalgata, é un percorrido que farán os Reis nunhas carrozas, que son autobuses convertibles, por todos os barrios", describiu.

Segundo Rey, todos os coruñeses terán "a oportunidade" de ver os Reis "sen pór en risco a saúde de ninguén". Para iso, reclamou que os nenos asistan ao paso da comitiva "desde a xanela ou na beirarrúa" e que se eviten "aglomeracións".

O percorrido por distintas rúas da cidade terá horario de mañá e tarde, polo que a rexedora afirma que haberá "oportunidade dabondo" para que as familias sigan o percorrido dos Reis Magos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta