Remite o frío en Galicia rexistrando a mínima máis alta dos últimos días en 7,5 baixo cero en Manzaneda

As temperaturas comezan a subir logo de varias noites cos termómetros marcando cifras por debaixo dos 10 graos baixo cero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2021 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O frío remitiu en Galicia durante a madrugada do domingo, na que se rexistraron as mínimas máis altas das últimas xornadas despois de varias noites nas que os termómetros caeron por baixo dos 10 graos baixo cero. A mínima das últimas horas alcanzouse na cabeza de Manzaneda cos menos 7,5ºC rexistrados ás 09,20 horas deste domingo, segundo datos de Meteogalicia.

Os medidores da axencia meteorolóxica autonómica situados a máis de 900 metros de altitude captaron temperaturas por baixo do cinco graos centígraos en Lardeira --Carballeda de Valdeorras-- (-5,8ºC ás 08,00 horas) e en Corzos --A Veiga-- (-5,2ºC ás 09,30 horas). En canto ás estacións por baixo dos 900 metros de altitude, a mínima foi no Alto do Faro de Chantada, onde se alcanzaron os 3,4 graos negativos á 01,40 hora da madrugada.

Estrada xeada en Folgoso do Courel (Lugo).. DEPUTACIÓN DE LUGO
Estrada xeada en Folgoso do Courel (Lugo).. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta