O delegado do Goberno informou que Galicia recibiu 1.425 millóns en prestacións sociais entre abril e decembro

As prestacións foron pagadas polo Goberno central e serviron para "blindar o escudo social fronte á COVID".

Por E.P. | A CORUÑA | 20/01/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O Goberno central abonou en prestacións sociais en Galicia 1.452 millóns no marco das axudas fronte á Covid, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.

O seu máximo responsable, Javier Losada, mantivo unha reunión por videoconferencia cos responsables das direccións provinciais da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña e Servizo Estatal de Emprego Público, a quen lles transmitiu o agradecemento "pola súa resposta durante a pandemia".

Javier Losada lembrou que de abril a decembro o Goberno de España abonou en prestacións sociais en Galicia 1.452 millóns de euros "destinados a blindar o escudo social fronte á Covid". "Trátase dunha cantidade que duplica á abonada no mesmo período do ano anterior e que resulta de sumar as prestacións por desemprego, os ERTEs e as prestacións a autónomos", engade.

Respecto aos ERTEs, Javier Losada lembrou que no pico da pandemia estiveron en ERTE 165.000 traballadores e traballadores de Galicia (mes de abril) e que a nómina por este sistema de protección laboral e social sumou na Comunidade 590 millóns de euros ata fin de ano. Así, indicou que 207.013 asalariados e asalariadas galegas "estiveron nalgún momento baixo o paraugas de protección desta figura".

Por último, no emprego autónomo, as prestacións abonadas polo Goberno en Galicia ascenderon a 286,5 millóns de euros que chegaron a 95.938 autónomos e autónomas cuxa actividade estaba afectada pola pandemia.

O delegado do Goberno, Javier Losada, reúnese con representantes de direccións provinciais da Administración Xeral do Estado. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno, Javier Losada, reúnese con representantes de direccións provinciais da Administración Xeral do Estado. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta