O Sergas realiza un cribado preventivo en Forcarei para detectar novos casos de COVID-19

Faranse probas PCR a beneficiarios do servizo de axuda no fogar e ao persoal e usuarios da residencia de Forcarei.

Por E.P. | VIGO | 21/01/2021 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde comezou este xoves, 21 de xaneiro, a realización dun cribado preventivo en Forcarei (Pontevedra) para detectar novos casos de COVID-19 e reducir a cifra de contaxios na localidade. A realización das probas PCR iniciouse ás 9:30 horas no pavillón de Soutelo de Montes e estenderase ao longo da xornada. 

Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES
Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES | Fonte: EUROPA PRESS

Os beneficiarios do servizo de axuda no fogar e un centenar de traballadores serán os que se sometan ás probas, que tamén se realizarán ao persoal e os usuarios da residencia da localidade, que suman 120 persoas. 

Deste xeito, as tarefas de vixilancia do cumprimento das medidas de seguridade, os controis da realización das tomas das mostras e o traslado de información aos usuarios serán asumidas por un equipo de Enfermaría do Sergas.

Posteriormente, as mostras procesaranse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Finalmente, os resultados negativos comunicaranse por SMS, mentres que as persoas que desen positivo por corornavirus serán informadas desta circunstancia de modo individual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta