Temas: PORTUGAL SAúDE

Portugal sopesa enviar pacientes covid a outros países ante o "colapso" do seu sistema hospitalario

Así o anunciou a ministra de Saúde nunha entrevista televisiva.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Portugal está a ponderar pedir axuda internacional para poder enviar pacientes covid a hospitais doutros países. A medida, anunciada pola ministra de saúde nunha entrevista televisiva, xorde en resposta á saturación que sofren os centros hospitalarios lusos, situado xa ao bordo do colapso logo de semanas sufrindo un crecemento constante de hospitalizados.

Enfermeiras protexidas con máscaras.. HOSPITAL POVISA
Enfermeiras protexidas con máscaras.. HOSPITAL POVISA

"O Goberno portugués está a accionar todos os mecanismos dos que dispón para garantir que dá a mellor asistencia", explicaba a Ministra, anunciando tamén que estes mecanismo se situaban, "principalmente" no eido internacional. Neste aspecto, a ministra do socialista Costa falou claramente de "pedir axuda internacional" para "enviar pacientes a outros países".

Portugal rexistra, nestes momentos, máis de 6.420 pacientes de covid ingresados, dos cales 767 se atopan en UCI. O anuncio do Goberno de Costa pon no punto de mira os hospitais españois e galegos. Precisamente, os centros hospitalarios da comunidade están ao bordo de marcar un novo récord de ingresos en UCI logo de rexistrar 9 entradas novas que elevan a 170 o número total de pacientes criticos.

Temas: PORTUGAL SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta