Piden axudas para garantir o benestar das mascotas de persoas falecidas ou ingresadas

A Fundación Franz Weber alerta de que o coidado dos animais pode quedar en entredito polas restriccións do Goberno galego ante a Covid.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/01/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O responsable de campañas da Fundación Franz Weber (FFW) en Galicia, Rubén Pérez, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, abordaron nun encontro medidas para garantir "o benestar dos animais dentro das restricións que o Goberno galego está a tomar nestes últimos días para conter o crecemento da Covid-19", informa a entidade.

Nel, sinala que incidiu tamén na actuación das administracións públicas ante solicitudes de axuda por animais que foron ou están a ser desatendidos por falecemento ou hospitalización da persoa propietaria por mor da Covid-19. "Na actualidade non existen recursos específicos que permitan dar resposta a estes contextos, cuxa resolución veñen realizando protectoras ou persoas anónimas sen apoio institucional", informa.

Aínda que o coidado dos animais está recollido como un dos motivos que permiten a mobilidade entre municipios, a Fundación trasladou na reunión unha serie de cuestións como "a xestión responsable de colonias felinas en municipios lindeiros por parte de asociacións protectoras, tarefas de urxencia como pode resultar o rescate dun can ou un gato, noutra localidade ou dentro do toque de queda, ou a garantía de que se poida trasladar ao animal a un centro veterinario en calquera momento".

As propostas que expón a Fundación Franz Weber están incluídas nun dossier que contén recomendacións para atender animais en segundas residencias, garantir a alimentación e coidados en parques zoolóxicos ou permisos para buscar a aqueles que se extraviaron, respectando "sempre a distancia de seguridade e os protocolos de prevención".

O documento entregado ao delegado provincial expón, ademais, "a necesidade de incidir sobre a cidadanía con campañas informativas, que lembren o paseo dos animais dentro das franxas horarias permitidas e, se non fose posible, realizar esta tarefa de coidado portando un certificado de autorresponsabilidade, que xustifique as condicións excepcionais do tránsito".

Imaxe de arquivo de dúas cadelas
Imaxe de arquivo de dúas cadelas | Fonte: Axena

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta