Por fin comezan a baixar os ingresos hospitalarios aínda que se mantén a presión nas UCI

Aumenta a taxa de positividade a un 9% e soben lixeiramente os contaxios diarios a 1.183 en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A presión asistencial volve aliviarse tras descender de novo os hospitalizados con Covid-19 en Galicia, con 55 pacientes ingresados menos, aínda que sen cambios nos que se atopan en UCI, que se manteñen en 247. Mentres, os casos activos tamén volven reducirse lixeiramente en 41 e sitúanse en 22.399.

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, dos que se extrae que hai 247 pacientes con Covid en UCI en Galicia e 1.070 noutras unidades de hospitalización --55 menos que a xornada anterior--.

Por áreas sanitarias, as da Coruña e Ourense experimentaron unha maior caída dos hospitalizados. Así, a primeira ten 87 pacientes con coronavirus en UCI --dúas máis-- e 282 noutras unidades --24 menos--; mentres que a ourensá conta con 15 en críticos --un máis-- e 156 noutras unidades --20 menos--.

A elas súmase a de Vigo, na que, aínda que aumentan nun os ingresados con Covid en UCI ata os 25, descenden en 12 ata os 153 as persoas hospitalizadas con esta patoloxía noutras unidades. Pola súa banda, a de Pontevedra e O Salnés pasa a ter 27 en críticos --dous menos-- e 113 noutras unidades --catro menos--.

No distrito de Lugo, polo seu lado, soben nun os hospitalizados con Covid en UCI ata os 26, pero caen a 65 --cinco menos-- os que se atopan noutras unidades; mentres que na de Santiago e Barbanza descenden nun os que están en críticos ata os 42 e increméntanse a 128 --tres máis-- os ingresados noutras unidades. E no caso da área de Ferrol, as persoas en UCI baixan a 25 --dúas menos--, pero soben a 173 as que están noutras unidades --sete máis--.

CASOS E CONTAXIOS

O alivio da presión asistencial vai acompañado dun lixeiro descenso dos casos activos de Covid en Galicia, que se sitúan en 22.399, o que supón 41 menos que este mércores, aínda que soben o número diario de contaxiados a 1.183 persoas.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden nas de Ourense a 2.730 --o que supón 85 menos--; na da Coruña e Cee a 5.845 --son 44 menos-- e na de Vigo a 3.830 --outros 37 menos--. Por contra, aumentan nas de Santiago e Barbanza a 3.418 --suma 52--; na de Pontevedra e O Salnés a 2.613 --engade 35--; na de Ferrol a 1.858 --supón 26 máis-- e na de Lugo a 2.105 --unha ducia máis--.

Os contaxios diarios --detectados con diferentes tipos de probas-- aumentan lixeiramente a 1.183, tras o repunte rexistrado a xornada anterior, deles 1.091 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Galicia realizou ata o momento 1.460.951 PCR, o que supón 12.999 máis que o mércores.

Un home sométese a un test de antígenos. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un home sométese a un test de antígenos. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por PCR realizadas-- subiu ata un 9 por cento tras situarse nun 7% a xornada anterior, polo que segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta