(Vídeo) Os medios en galego insisten en reclamar o mesmo trato que aos medios en castelán

Sete persoeiros da vida cultural e social e o científico Ángel Carracedo piden visibilidade para os medios escritos na lingua do país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Asociación dos Medios en Galego (AMEGA) ,entidade da que forma parte Galicia Confidencial, volve celebrar este 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego, unha xornada para revindicar a importancia da ter un xornalismo na lingua do país e que foi ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego no 2018.

A data quere lembrar a saída primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.

Debido ás restricións da pandemia, este ano o colectivo de medios en galego lanzou un vídeo con sete rostros recoñecidos da cultura e sociedade deste país no que reclaman a necesidade de ter medios na lingua propia do país. Tamén o científico Ángel Carracedo remitiu un artigo no que pide falar e coidar aos medios en galego.

Asociación de Medios en Galego (AMEGA)
Asociación de Medios en Galego (AMEGA)

Actualmente son máis dun cento de medios  (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) as que contan en galego o que pasa no noso país. E, a pesar da súa vitalidade, a Xunta insiste en subvencionar aos medios en castelán. O pasado Nadal as axudas directas a estes medios supuxeron 1,7 millóns de euros fronte aos 200.000 dos medios en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sen dúbida queda moito por SACHAR ! e aquí sabémolo ben ! http://www.galiciaconfidencial.com/... Adiante !!!