O médico acusado de cobrar por certificados de defunción nega os cargos e culpa a empregados de funerarias

Está acusado dun delido de suborno.

Por E.P. | Pontevedra | 09/02/2021 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra acolleu este martes o inicio do xuízo contra un médico por un delido de suborno e tras ser acusado de pedir diñeiro a cambio de expedir certificados de defunción, un documento gratuíto e un dereito de todo usuario da sanidade pública.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

O acusado, que nega os feitos que se lle imputan, enfróntase a unha petición de tres anos e medio de cárcere e a unha inhabilitación para o exercicio da súa profesión de sete anos e medio.

O avogado do acusado vinculou as acusacións a un intento dos empregados das funerarias de encubrir as súas propias prácticas irregulares e chamou a atención do tribunal popular sobre a inexistencia de "ningún outro dato obxectivo que poida probar a veracidade" dos feitos, agás a prooia declaración destes traballadores.

Segundo este letrado, os empregados das funerarias serían os que solicitaron pagos a maiores ás familias dos falecidos, para despois culpar os sanitarios do sobrecusto.

Os feitos remóntanse aos anos 2016 a 2018 cando este médico, con 30 anos de experiencia, prestaba os seus servizos no 061, adscrito a un centro de saúde de Pontevedra. Segundo a Fiscalía, o acusado solicitaría pagos irregulares ata en catro ocasións.

Segundo se explicou durante a vista oral, cando se produce un falecemento en domicilio é o médico do 061 o que confirma o 'exitus' no rexistro de históricas clínicas do Sergas.

Posteriormente, é o médico de cabeceira, que coñece o historial de cada paciente, quen emite o certificado de defunción e a funeraria dispón de 24 horas para solicitalo. Por iso, o facultativo de Urxencias pode emitir estes documentos só en casos excepcionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta