Por A.C. Pereira-Menaut | Santiago de Compostela | 19/02/2021
Moi ben. Non tiñan que pedirme permiso a min. Pero si a coalición é segreda (como recoñece o título), tan segreda que non nos decatamos ata agora, mal asunto. Ben, pero desta volta tratouse dunha “conspiración dos bos para salvar a democracia do feixismo”. Si, pero, quen outorga a acreditación de “bos”? Obama, que no seu mandato deportara moitísimos inmigrantes ilegais e mantivo Guantánamo? A elitista e belicista Hillary? Trump, co seu bronco linguaxe de vaqueiro, non foi nada belicista. Quen deles tiña lexitimidade para autoproclamarse “salvademocracias”?
Avanzando non artigo, a inquedanza non diminúe. Estaremos diante dunha confesión de parte, ou, polo menos, unha “excusatio non petita...”? En certo xeito, “Trump was right”, escrebe alí Molly Ball. E todo pensado con moitísima antelación: Podhorzer, "the architet", vira, xa en 2019, que as eleccións de novembro de 2020 ían ser desastrosas para eles.
Situémonos naquel intre: ninguén podía imaxinarse a covid nin Black Lives Matter. Ninguén podía prever o asalto ao Congreso. Os demócratas non tiñan candidato de peso, como imos vendo agora. Dá a sensación de que alguén dixese: "Ollo: o Trump, que non podía gañar en 2016, gañou; non pode volver gañar”. Con certeza, non é delicto ningún plantexar unha batalla electoral con antelación; nada que obxectar. Pero, como soa iso dun arquitecto do destino dun país? Como un Klaus Schwab marcándolle a ruta á humanidade? Como un déspota ilustrado, desconectado da xente ordinaria? O Establishment viu que si se as cousas seguían ao seu aire (ou sexa, como en realidade deberían ir), ían perder as eleccións, así que decidiron argallar unha grande movilización para que de ningunha maneira gañase. Os defectos e erros do Trump, moitos, moi visibles e moi aireados, tamén lles axudaron; as súas virtudes e acertos, que non foron poucos, nunca foran aireados.
Do que escribe Molly Ball non se deduce que os salvademocracias fixeran nada ilegal ou fraudulento, pero unha movilización sen precedentes, e non precisamente de orixe popular, si que fixeron. E a partir de aí o que quedou foi Goliat contra o indeseable outsider fascista e maleducado. Despois virían a covid e Black Lives Matter, escomenzaría a declinar a estrela de Trump, e él a meter, e ben metida, a zoca. Pero o plan argallárase antes. Nas traxedias gregas, a aqueles que os deuses queren perder, primeiro os cegan. Ao final, o Trump parecía cego e tolo. Se as eleccións estaban perdidas dende tempo atrás, el e ou seu equipo non ou podían ignorar. Así que o 6 de xaneiro, pendente só o reconto oficial, non tiña xeito ningún armar un balbordo no Capitolio, aínda que fora a metade de grave do que se dixo. Eu non sacralizo ningún Capitolio, pero o mínimo-mínimo é que aquelo non tiña sentido.
Por que sucederon así as cousas? Hai moitos factores; a saber. Pero, intentando simplificar as cousas, a miña conxectura, non demostrable, é que no fondo, o Trump non pertence ao Establishment (Pablo Iglesias debe de pertencer, ou do contrario non poñerían nas súas máns o ministerio da globalista Axenda 2030).
Ao final, aquela batalla pre-electoral narrada no Time, qué foi: un episodio da rebelión das masas ou da rebelión das élites? A Xi Jinping, pareceulle ben, ou mal? O video oficial de Davos 2021 di claramente que os USA deixarán de ser a primeira potencia mundial e que serán substituídos “por un puñado de países” (¿). Quen tivo o papel estelar en Davos? O presidente chinés, país onde se tortura aos uighures, cuxas mulleres son violadas en serie por soldados chineses; país responsable, mesmo se foi casual, do flaxelo mundial da covid. Klaus Schwab (que ninguén sabía quen era ata hai pouco, e ninguén elixiu directa nin indirectamente), Merkel, Von der Leyen e o insustancial Macron e demais occidentais que seguiron o seu discurso, caladiños como doctrinos malia todos os motivos de preocupación que Xi Jinping non se molestou en agochar. Non importaba; o importante era que xa tiñamos botado fora ao Trump.