Capacidade de interacción e resolución, habilidades demandadas polo mercado de traballo

Así o puxo de manifesto a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou este martes nun seminario web a Guía de Habilidades que profunda na capacitación non técnica dos traballadores, unha cualificación cada vez máis demandada no ámbito laboral.

A xornada celebrada este martes -a primeira de dúas que culminarán o vindeiro xoves- estivo organizada pola Fundación Pública Galega da Formación, que preside Lado, co fin de abordar a importancia da formación nas denominadas 'soft skills' ou habilidades brandas, cada vez máis demandadas polo mercado. A formación dirixiuse a orientadores laborais, técnicos locais de emprego, parados de longa duración e persoal da Consellería de Emprego e Igualdade.

As habilidades brandas, explicou a responsable autonómica, están relacionadas coa actitude e a relación cos compañeiros de traballo e cos clientes e "achegan valor engadido aos proxectos".

Á hora de acceder ao mundo laboral ou de buscar unha promoción ou cambio de sector, "poden axudar a atopar o traballo que desexamos", matizou a directora xeral, que lembrou que "hoxe en día son demandadas de forma destacada polas empresas á hora de contratar".

As 'soft skills' son habilidades non técnicas que se relacionan coa forma de traballar e teñen que ver coa actitude, a intuición e a forma de interactuar cos compañeiros, de resolver problemas e de administrar as tarefas. Comprenden calidades interpersoais, de comunicación, de escoita, de administración do tempo ou de empatía, entre outras.

TRATO AO CLIENTE

Para lado, son habilidades "moi útiles nos traballos que se basean no trato ao cliente". "Saber escoitar e ofrecer un trato educado, á vez que saber resolver os problemas e necesidades, son esenciais para este tipo de traballos, polo que as habilidades brandas son un valor engadido moi importante", subliñou Lado.

Segundo a directora xeral, outra das bondades destas capacidades, están na súa natureza, ao ser "elásticas e transferibles", polo que a persoa que conta con elas "pode ser moi adaptable a novas tarefas e proxectos".

A nova directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago, toma posesión.. XUNTA
A nova directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago, toma posesión.. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta