Facultativos do Sergas piden que os recompensen acabando coa precariedade e que o conselleiro "garde o seu aplauso"

"Levamos anos traballando ao límite e tivo que vir unha pandemia para deixalo todo ao descuberto", subliñaron os sanitarios, antes de exclamar que "o prezo" da crise sanitaria para os profesionais é "incalculable".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Facultativos do Sergas protagonizaron este xoves concentracións para demandar á Consellería de Sanidade melloras na calidade asistencial e a configuración de condicións de traballo "dignas" que poñan fin "á precaridade laboral" no sistema galego de saúde.

Ás portas do Hospital Lucus Augusti (HULA), decenas de médicos facultativos concentráronse no mediodía deste xoves para reclamar "unha sanidade pública forte e robusta, que busque ante todo a calidade asistencial".

"Garde o aplauso señor conselleiro e mellore as condicións laborais dos traballadores da saúde. Esa será a mellor recompensa e, sen ningunha dúbida, a mellor terapia psicolóxica que nos pode ofrecer", proclamaron nun manifesto lido na porta principal do complexo hospitalario lugués.

"Levamos anos traballando ao límite e tivo que vir unha pandemia para deixalo todo ao descuberto", subliñaron, antes de exclamar que "o prezo" da crise sanitaria para os profesionais é "incalculable", con "80 compañeiros falecidos por falta de EPIS e máis de 100.000 sanitarios" contaxiados en toda España.

Por todo iso, reivindicaron que "non" necesitan que se lles "aplauda" ou "acirre" desde as administracións polo seu papel, senón que este ha de ser recoñecido con "compromisos" á hora de atallar "a precaridad laboral a todos os niveis", en primeiro lugar, coa consolidación de prazas eventuais que pasen a ser estruturais para a súa convocatoria en oferta pública de emprego.

Isto último como vía para "evitar a masificación das consultas, axilizar as listas de espera e contratar ao persoal necesario" para así "ofrecer unha mínima calidade asistencial", á vez que reclaman á Consellería de Sanidade que as horas extraordinarias ou de garda sexan retribuídas "como corresponde" e respéctense os horarios de descanso "de forma razoable".

Rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Xunta de Galicia
Rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta