Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 19:24
O BNG denunciou a repartición de vacinas que chega a Galicia para a fase de vacinación do colectivo de maiores de 80 anos, que representa o 8,2% de todo o Estado mentres que a Comunidade galega recibe o 5% de doses distribuídas polo Ministerio de Sanidade.
Ciudadanos tamén censurou o número de vacinas que chegan á Comunidade galega, onde propoñen que se articulen "autoestradas de vacinación" para o proceso de inmunización da poboación no que, segundo a portavoz da formación laranxa, Beatriz Pino, deberían colaborar as forzas armadas para facelo máis áxil.
Así, o deputado do Bloque Néstor Rego rexistrou unha iniciativa para demandar ao Goberno español que "non discrimine" a Galicia na repartición de dose e merquen "todas as vacinas seguras e eficaces dispoñibles, primando a saúde e a vida fronte aos intereses económicos e xeostratéxicos".
Rego puxo o acento na porcentaxe de poboación envellecida que ten Galicia e que, ao seu xuízo, debe terse en conta á hora de facilitar as doses por parte da Administración central, especialmente nesta fase na que os maiores de 80 anos son a poboación diana.
"Non podemos aceptar nin unha dose menos das que nos corresponden", engadiu o parlamentario nacionalist, que incidiu en que "se a prioridade é salvar vidas, o lóxica é negociar con todos os laboratorios con vacinas dispoñibles para poder acelerar o proceso" sen que "se limite ás grandes farmacéuticas da UE e dos países occidentais".
CIUDADANOS
Pola súa banda, a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, demandou a creación de "autoestradas de vacinación" para "axilizar" o proceso de vacinación, no que expón que colaboren as forzas armadas.
"Recibimos 15.000 vacinas menos das comprometidas para os nosos maiores. A Galicia chegaron 25.740 dose, o 5,18 % das 496.080 que se repartiron entre todas as CCAA, en lugar das 40.678 que lle corresponderían a Galicia", denunciou Pino.
Para a responsable laranxa, "é fundamental acelerar a vacinación ante a chegada dunha futura cuarta onda", polo que reclama ás administracións que elaboren "un plan de vacinación máis ambicioso, eficiente e eficaz, con criterios únicos e executado por políticos en sintonía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.