O Goberno insiste en que rexeitou celebrar o 8M no Pazo de Meirás porque "non está en condicións"

A negativa do Goberno central chegou trala petición da Xunta, unha iniciativa que vén de recibir as críticas da oposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, manifestou que o pazo de Meirás "non está en condicións" polo momento para albergar actividades, ao ser preguntado pola decisión de non autorizar á Xunta a celebración institucional con motivo do 8 de marzo, como solicitara.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa presentación da moeda dedicada a Emilia Pardo Bazán por parte da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, rexeitou falar de que se negou á Administración autonómica o uso do inmoble. "O que se explicou á Xunta é que o pazo de Meirás non está en condicións de poder albergar ningún tipo de actividade", dixo ao explicar que se está "recuperando, renovando, arrombando" tanto a parte interior como a exterior.

"Iso é o que se lle trasladou", insistiu o delegado do Goberno, quen apostilou que "sen ningún problema noutros momentos se poderá utilizar para actividades, pero nestas datas é imposible". Por outra banda, e en referencia ao contido da sentenza que declarou ao Estado propietario do inmoble --de forma provisional, pendente dun fallo definitivo--, Losada, aludiu ás "cautelas moi importantes desde o punto de vista xurídico". "A Dirección Xeral de Patrimonio ten que cumprir e velar por iso", insistiu.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado | Fonte: M.Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta