A Xunta comezará a vacinar a persoas de entre 50 e 55 anos sen que sexan de ningún colectivo específico

O obxectivo é aproveitar as doses de AstraZeneca que están chegando e que están recomendadas para menores de 55 anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que este mesmo mes de marzo comezarase a chamar a homes e mulleres de entre 50 e 55 anos para ser vacinados contra o coronavirus. 

Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro
Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro | Fonte: Xunta de Galicia.

Unha vacinación que ten como obxectivo aproveitar as doses da vacina de AstraZeneca, recomendadas só para a franxa de poboación menor de 55 anos. Con todo, este proceso compaxinarase co da inmunización do resto da poboación xa fixado previamente, especialmente, o de maiores de 80 anos para os que se destina a vacina de Pfizer. 

Actualmente, Galicia recibiu xa vacinas de Pfizer, AstraZeneca e Moderna, aínda que o desta última empresa son "moi minoritarias". "Polo tanto temos que aproveitar as doses que temos", dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Con todo, o presidente galego recoñeceu que "agora Galicia xa compite en igualdade de condicións con outras autonomías" na recepción de unidades tras anunciar o ministerio que remitirá ao longo desta semana outras 30.000 doses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta