Sanidade di que "non procede" impedir a suspensión de chamamentos por conciliación porque "hai enfermeiras dispoñibles"

Vincula esta situación ao propio pacto de contratación e nega acordos adicionais con Satse á marxe.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade indicou este xoves que o feito de non impedir a suspensión de chamamentos por conciliación en enfermaría enmárcase no propio pacto de contratación do Sergas e que responde a que "hai enfermeiras dispoñibles" nas áreas.

Enfermeiras
Enfermeiras | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Así o indicaron fontes da consellería despois de que o sindicato Satse emitise un comunicado aludindo a un acordo asinado á marxe do pacto de contratación, segundo o cal o Sergas reconsideraría " a penalización de suspensión de chamamentos por motivos de conciliación familiar" ao persoal de enfermaría da provincia de Pontevedra.

Con todo, Sanidade apunta que "non se asinou ningún acordo con Satse á marxe do pacto" e asegura que o feito de impedir estas suspensións está precisamente recollido neste documento.

"As áreas, neste momento, teñen enfermeiras dispoñibles, polo que, de acordo co Pacto, non procede impedir suspensións motivadas en conciliación, pois esa decisión baseábase na falta de dispoñibilidade, que agora non se dá", explicaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta