Piden ao alcalde de Cabanas que pague "do seu peto" as costas da sentencia que o condenan

Un xulgado de Ferrol sentencia que non convocou un pleno obrigatorio por lei.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A política municipal de Cabanas entra pola porta dos xulgados de Ferrol nun proceso que, previsiblemente, terán que pagar os veciños. O alcalde da localidade, Carlos Ladra (PSOE) vén de ser condenado polo xulgado do contencioso administrativo de Ferrol por non convocar un pleno que era “preceptivo”, de acordo coa versión dos feitos de Marea de Cabanas, plataforma á que pertence o edil denunciante, Xosé Manuel Pérez Sardiña.

O alcalde de Cabanas (A Coruña), Carlos Ladra (PSOE).
O alcalde de Cabanas (A Coruña), Carlos Ladra (PSOE).

Segundo explican dende a formación, o xulgado do Contencioso vén de sentenciar que o alcalde “vulnerou dereitos fundamentais” do edil da Marea de Cabanas ao negarse a convocar un pleno ordinario cando era legalmente obrigado. Os feitos remóntanse a xullo de 2019, mes no cal o alcalde Ladra “se negou a convocar este pleno ordinario” polo que agora dita sentenza favorable á acusación o xulgado ferrolán.

De acordo con Marea de Cabanas, este “grave quebranto do cargo público” correspondente ao alcalde xa tería acontecido en máis ocasión. Segundo as mesmas fontes, o rexedor de Cabanas tería deixado ata tres plenos obrigatorios sen convocatoria oficial. Un “déficit democrático” do que Pérez Sardiña --explica-- advertiu en numerosas ocasións á coalición de Goberno --PSOE, BNG e a Agrupación de Electores de Cabanas-- antes de recorrer á vía xudicial. 

"DECISIÓNS CACIQUÍS"

A problemática deste “abuso de poder” pasa porque as costas do proceso recaerán, todo apunta, sobre as arcas municipais; dado que o alcalde foi acusado en calidade de representante público. Por iso mesmo, o edil da Marea esixe que sexan os concelleiros do goberno quen financie “do seu propio peto” “todos os gastos e custas xudiciais”; xa que “as súas decisións caciquís non as deben pagar os veciños de Cabanas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta