O delegado do Goberno reivindica a Lei da Eutanasia como unha "conquista social"

Por E.P. | A CORUÑA | 22/03/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reivindicou a Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia, aprobada recentemente no Congreso, como unha "conquista social", tras unha reunión con integrantes da directiva en Galicia da Asociación Dereito a Morrer Dignamente.

Tras o encontro, subliñou a loita "incansable" e "exemplar" de todas aquelas persoas que defenderon a aprobación dunha lei destas características, con alusión en concreto a esta entidade, á vez que tivo palabras de recordo para Ramón Sampredo, o primeiro en España en pedir a eutanasia e cuxo caso chegou aos tribunais.

Losada indicou, ademais, que se trata dunha lei que a sociedade "demandaba desde hai anos" e aludiu ao papel de todas aquelas persoas que loitaron para que a mesma fose unha realidade.

Dela, dixo que dá resposta a unha materia moi sensible de forma que en si mesma "constitúe unha conquista social do noso país". Ademais, asegurou que materializa un compromiso do actual Goberno.

O delegado do Goberno, Javier Losada, reúnese con membros da Asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno, Javier Losada, reúnese con membros da Asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta