'Carretando', un novo podcast sobre política galega

Impulsado por estudantes de Xornalismo e Políticas, o primeiro episodio xa está dispoñible para a súa escoita en Ivoox e Spotify.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un grupo de alumnos e alumnas de cuarto curso de Xornalismo e de Ciencias Políticas puxo en marcha un podcast sobre a política galega que botou a andar o pasado domingo, 21 de marzo, co seu primeiro episodio "A hexemonía do PPdeG".

Primeiro episodio do podcast 'Carretando'
Primeiro episodio do podcast 'Carretando' | Fonte: Carretando Podcast

Este podcast, integramente en galego, nace da necesidade de "contribuír a unha percepción construtiva da política a través de interpretación e divulgando información politolóxica". Así, realizarán entrevistas persoais a políticos ou politólogos expertos nos temas que traten en cada episodio.

Pablo Rañales, alumno do último curso de Xornalismo e condutor do podcast, defende que a razón para iniciar este proxecto foi que "en medio do auxe do poscating en galego, existía un espazo baleiro vencellado á política galega, e en galego. Non existía ningún podcast que ofrecese contidos analíticos e xornalísticos sobre a política galega en galego".

Por isto, Adrián Vázquez, alumno, tamén, na Facultade de Comunicación, "a partir desa análise de mercado, promoveu a idea de crear o podcast, consolidou o grupo de traballo, e o grupo, ao ver a oportunidade de construír un espazo sobre a política galega e en galego, saímos adiante", sostén Rañales.

Este equipo de futuros xornalistas, chamoulle ao seu podcast 'Carretando', unha metáfora do percorrido que van facer ao redor de Galicia e da súa política "dun xeito ameno, informativo e divulgativo, desbotando o falso mito da obxectividade xornalística, mais con honestidade e pluralidade".

O PRIMEIRO EPISODIO

No primeiro programa, Pablo Rañales presenta o podcast, facendo fincapé na metáfora de Carretando, "a autocaravana arranca no Monte Faro", explicando que este é un "lugar icónico no que Manuel Fraga realizaba as súas multitudinarias festas con afiliados, militantes e simpatizantes".

Ademais, contan coa presencia do profesor Xosé Luís Barreiro Rivas, ideólogo do lema de campaña “Galego coma ti” e moi próximo ao Partido Popular, que, mediante as súas declaracións, guía o contido do podcast.

Por outra parte, Román Varela pechou o debut do podcast cunha reportaxe na que abordou a cuestión do dominio territorial logo de falar con Miguel Tellado, secretario xeral do Partido Popular, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e Lois Lado, voceiro do BNG en Corcubión. 

O primeiro programa de Carretando está dispoñible para a súa escoita en Ivoox e Spotify,

clicando nesas ligazóns. Tamén se poden seguir as principais novidades arredor do podcast

nas súas redes sociais: Twitter, Facebook e Instagram.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Un par de cuestións para o debate en Carretando / https://www.ivoox.com/1x02-a-mocida...

1 Gamela

Cos mellores desexos a Carretando e dado que o tema está aberto aquí deixo unha reflexión sobre o 5% de Don Manuel http://www.galiciaconfidencial.com/...