Rescatan o cadáver dun home nunha piscina municipal en Meaño

O home, de 49 anos, faleceu por afogamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Efectivos de Emerxencias recuperaron este luns o cadáver dun home nunha piscina situada no municipio de Meaño, segundo indican fontes que acudiron ao momento.

O corpo foi achado preto das 19,00 horas na zona de Dena, nunha piscina de titularidade municipal. A Garda Civil solicitou a presenza de efectivos de Emerxencias, entre eles de Bombeiros.

A investigación do ocorrido está a cargo da Garda Civil aínda que as primeiras hipóteses indican que a vítima, veciño de Fofán de 49 anos, faleceu por afogamento. Neste momento, os axentes atópanse no punto á espera do levantamento do cadáver.

Piscina
Piscina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Óscar Senra

Dena pertence ao Concello de Meaño.