Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2021 | Actualizada ás 10:00
Viaqua vén de desenvolver un novo método rápido mediante PCR para determinar as variantes do SARS- CoV-2 en Brasil e Sudáfrica nas augas residuais, unha ferramenta "eficaz", aseguran, para "controlar a evolución da pandemia no territorio". Esta empresa, "pioneira" na determinación do virus nestas canles, une agora este novo sistema ás redes de control epidemiolóxico xa existentes, que tamén detectan a cepa británica.
"A solución de control epidemiolóxico COVID-19 City Sentinel está en liña coa recomendación que a Comisión Europea lanzou cara a todos os seus Estados membros para realizar a monitoraxe do virus nas augas residuais", explica a empresa nun comunicado. Esta solución é resultado dunha estratexia de investigación de Viaqua e o grupo empresarial ao que pertence para "desenvolver en tempo récord solucións innovadoras que contribúan á loita contra a pandemia".
Ademais, segundo indica Viaqua, trátase da ferramenta elixida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Actualmente está implantada en máis de 100
municipios en España, entre os que se atopa o Concello de Betanzos, e chegan a estudar o comportamento das augas residuais de máis de 13 millóns de habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.