É ben fácil: circunscrición única e eliminación da barreira do 5% (a real, con 75 deputados, está no 1,33%). Pero aquí todo está atado e ben atado e nin a PP nin a PSOE (pero sobre todo aos primeiros) lles interesa mudalo e ademais, sería precisa a reforma do Estatuto, e todos sabemos que é algo que non se vai producir.
Máis ben o PP optará por reducir deputados e sobre representar aínda máis ás provincias de Ourense e Lugo que é onde ten o seu principial graneiro de votos (e todo isto sen necesidade de reformar o Estatuto).
Mais o peor de todo é que a inmensa maioría da xente non se queixará e, aínda máis, considerará que se trata dunha idea caralluda para aforrar varios soldos ao ano, como venderá a reforma Feijoo... Ser galego é moi frustrante ás veces.
Vou separar-che duas cousas diferentes. Eleicions máis democráticas, sempre: supresión do 5%, listas abertas, tope máximo de mandato, etc... propoña-o quen o propoña. Circunscripción única? se queres converter Galiza só nunha rexión de españa adiante. Calquer territorio que se artella politicamente, é mais que unhas persoas nun território. Nen na Catalunya nen en Euskadi escoitaras os argumentos que ti expós, e as diverxéncias son mais grandes, porque a construcción nacional poñen-na por riba dos intereses electorais. E así nos vai...
Caro Ameneiro, a circunscrición única é a "única" -vala a redundancia- que garante o principio democrático "unha persoa, un voto", e para un país uniforme como o noso é o lóxico e natural. Para nada é comparábel o caso galego co vasco, no que 25 deputados son escollidos por cada territorio foral (provincia) pola concepción que teñen de Euskal Herria como a unión de territorios en pé de igualdade. Galiza é Galiza (a CAG + Galiza irredenta), e non só a unión das catro provincias administrativas españolas actuais. En canto ao caso catalán, supoño que sería unha hábil manobra de CiU para infra-representar Barcelona xa que nas outras provincias era onde tradicionalmente tiña maioría. E que para obter un escano na Coruña fagan falla 47.728 votos mentres que para obtelo en Ourense sexan suficientes 23.974 (a metade) é profundamente antidemocrático.
Supoño que es da costa, porque só sendo daló pode-se decir que as diferentes realidades da Galiza son unha realidade uniforme, con esa visión non me estrana a incidencia que alguns teñen no interior. Non gosto das provincias mas entre te-las e a homoxenidade, prefiro-as. Aparte dunha persoa, un voto; hai outros criterios como o territorio ou procurar non deixar de lado parte do territorio (e historicamente houbo moitos mais); Catalunya e Euskadi, por exemplo, asumiron-no, (co engadido de Catalunya de dar-lle o rango de idioma oficial a un que non fala nen o 1%), acó, curiosamente, certos nacionalistas e os centralistas coinciden no mesmo argumento, que supoño, tamen aplicarías no Reino de España e na Unión europea, non si?
Por suposto, nas eleccións do congreso dos deputados de Madrid circunscrición única estatal, ao igual que nas autonómicas. O da división do voto en provincias foi algo imposto no seu día para tentar favorecer a creación de maiorías estábeis (e así hoxe en día o PP ten na España maioría absoluta cun 35% dos votos válidos emitidos), pero en pleno século XXI non ten ningún sentido manter esa situación porque PERVIRTE A VONTADE DO POBO. De feito, en 2009, cunha circunscrición única, o PP non tería acadado a maioría absoluta porque PSdG e BNG sumaron no conxunto de Galiza máis votos ca eles. En Cataluña o Val de Arán pertence á Occitania, falan occitano e son secularmente un pobo diferente ao do resto de Cataluña, polo que non é comparábel á realidade nacional galega.
A división do voto en provincias beneficia aos partidos maioritarios, que son PP, PSOE, CiU, PNV e Coalición Canaria, sendo moi sobre representados en relación co seu número de votos. E como son precisamente estes os partidos que máis escanos obteñen, nunca van querer cambiar o sistema. E a min paréceme vergonzoso.
E a respecto de onde son, sonche de Compostela, pero a miña parella é de Ourense, teño familia na Terra de Soneira, no Xallas, en Ordes, na Mariña e nos Ancares, e viaxei abondo por todos os recunchos do país, e podo afirmar sen ningunha dúbida que o noso é un país ben homoxéneo (fóra das naturais diferenzas existentes entre o interior e a costa, pero que non xustifica a creación de varias circunscricións). Ademais, a tradicional división territorial do noso país son as comarcas e as freguesías, non as provincias, invento artificial español para crear sucursais do seu poder ao longo do Estado.
Por si mesma as listas provinciais non benefician aos partidos maioritarios, é mais nalguns casos perxudica-lles, por exemplo ao PNV por Araba, ao PSC en Catalunya. O que os beneficia son os 5%, as leis que priman aos mais votados, etc... Nada que ver se se vota por provincia, por comarca ou con circunscripción única. Desde unha posición nacionalista galega, tendo en conta a nosa idiosincrasia, e non visión alleas á nosa realidade, só seria válido apoiar circunscripcións mais arreladas (por comarcas?). E as situacións sociolóxicas non son estaveis, AP/CP/PP non sempre tivo incidencia actual nas actuais provincias do interior, nen nas eleccións do 1981, nen nas do 1985 acontecia. E co de que es de Compostela, xa mo tes dito todo. Mas lembra que o PP tamén gañou en Vigo, Compostela, Coruña e Ferrol.
Pódese estar dacordo ou non tanto con Galahaz coam con ameneiro pero o importante deste combate é que o fan expondo reflexións, non dizindo as chorradas de de forma maioritaria saen neste medio expostas por xente sen argumentos e que normalmente non ten idea de nada.