Ofensiva de UPyD para cambiar a Lei Electoral en Galicia

Rexistra na Cámara galega unha iniciativa Lexislativa Popular para cambiar o reparto das circunscricións electorais e endurecer o réxime de incompatibilidades.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/10/2013 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

UPyD quere aproveitar o debate creado sobre a necesidade de reducir o número de escanos no Parlamento galego para facer cambios máis profundos. Por iso, o seu  Portavoz e Coordinador Territorial en Galicia, Gonzalo Fernández Piñeiro, presentou este venres no Rexistro do Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular para cambiar a actual Lei de Eleccións.

Militantes de UPyD
Militantes de UPyD | Fonte: www.politicaxxi.net

Con esta iniciativa, a formación de Rosa Díez quere unha maior proporcionalidade na repartición de escanos entre as circunscricións, na atribución de escanos ás candidaturas de cada circunscrición e no tratamento dos restos electorais que, di, "se se realiza a nivel de toda Galicia, prescinde da lei d'Hont".

"Todos teñan o mesmo valor"

O seu principal obxectivo é que "todos os votos teñan o mesmo valor con independencia do lugar no que se depositen". Ademais a ILP incide na "limpeza e transparencia" dos procesos electorais e, por iso, UPyD aposta porque se desbloqueen as listas electorais, endurecer o réxime de incompatibilidades e regular os fondos públicos durante as campañas

Unha vez admitida a trámite esta iniciativa, UPyD anuncia que comezará unha campaña de recollida de firmas por toda Galicia en apoio da proposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

2 Nacionalismo espanhol NON

Gostaria moito da desaparición das listas pechadas pero moito me temo (e ogalhá estea errado) que a situación non ía mudar moito. Por exemplo, os votantes do PP seguro que ían seguir facendo o mesmo de sempre, que é agharrar a papeleta impresa enteira e metela p'adiante independéntemente que na lista estea Fraga, Feijóo, Louzán… Conde Roa, Maria-Tareixa de Calcuta, a garda civil ou o mesmísimo Caralho29. Outra cousa é de onde ven a iniciativa: os u-peideiros son unha organización nacionalista espanhola que negan Galiza como nazón, berran pola imposición do espanhol na Galiza e apoian o ativismo vi-lingue tangalhego que consiste en "Non me fales en gayego, pvto terrorista". Outra cousa é que non o digan de cara, mais mirade quen apoia esa organización. Espero que desaparezan da nosa terra.

1 Arquiveiro

Non votaría por eles, pero a sua proposta paréceme ben. Eu firmo (aínda que sabemos que PP e PSOE non aceptarán nunca isto)