Temas: IMAXE

María Mera: "Para unha actriz ter boa imaxe axuda, vivimos nun mundo machista"

María Mera (Matalobos, O Faro, Tourilandia, etc.) chega ben preparada para a entrevista. Descubrimos unha muller que non só ten a cara bonita, tamén a cabeza ben posta. Unha conversa con Sue Rainbow ao obxetivo.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 08/11/2013 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Sempre quixeches ser actriz?

Maria Mera por www.suerainbow.com
Maria Mera por www.suerainbow.com

Como xurdiu o teu desexo pola actuación?

Pois vendo o traballo dos actores, entroume a curiosidade e fixen arte dramático. Aí foi onde me din conta de que iso era o que eu quería ser.

A túa familia apoioute?

Si, sempre tiven o apoio da miña familia, entre outras cousas porque nunca me dediquei só a ser actriz. Cando non hai traballo disto eu adícome a outras cousas, antes de ser actriz, estudiei turismo e tamén teño a carreira de Xornalismo, iso ábreme outras portas para poder ten unha vida máis estable profesionalmente.

Fixeches amigos neste traballo?

Algún sí, pero poucos. En realidade máis compañeiros que amigos. 

Cal é o teu inicio para crear unha personaxe?

O primeiro que fago é ler a vida desa personaxe e entendela, poñerme na súa pel, e sobre todo sentila. Hai cousas que sempre van a ser máis sinxelas de crear porque as viviches, pero outras son máis complexas porque tes que informarte, documentarte sobre como son, e ir collendo ideas, xestos, maneiras para darlle forma.

Segundo ti, cales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?

Profesionalidade, esforzo e talento.

Crees que o teu traballo é difícil ?

Son das que pensa que para isto hai que valer. Se che gusta e se o desfrutas non é difícil.

Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?

Hai moitos, pero encantariame facer un papel como a tenente O' Neil, ou Kill Bill, ou Million Dollar Baby.

Cales son os teus actores favoritos? Animoute algún deles a seguir o teu soño?

Gústanme moitos actores, pero non son fanática dun en concreto, o que valoro son os seus bos traballos. Iso si, gústanme os ollos de Paul Newman.Non cheguei a ser actriz por seguir a un actor.

Como definirías na túas palabras a un bo actor?

Que seña camaleónico e sobre todo que todo o que diga transmita sentimento.

Pra ser actor precisase talento ... Crees que o tes?

Si.

Entendo que a popularidade quítache privacidade, pero tamé che dá satisfaccións?

Desde logo é moi grato que a xente te pare para felicitarte polo teu traballo.

Nalgún momento se che subiu a fama á testa?

Nunca. Estou con pés ben pegados ao chan. 

Consumes drogas?

Non, son unha persoa antidrogas. 

Que non te atreverías a facer na actuación?

Sempre qué o proxecto me interese atraveríame a todo.

Arrepínteste de algo que fixeses na vida?

Non.

Cres que nun actor o físico e o éxito van da man?

Non, pero desde logo unha boa imaxe axuda e sobre todo se eres muller....seguimos vivindo nunha sociedade machista.

Eres dos que se preocupan polo físico ou por verse ben?

Preocúpome pola imaxe, porque é unha parte moi importante do meu traballo, entón hai que cuidarse, pero o importante é estar saudable. Pero faríao igual sen que fose actriz. O noso corpo è o único que temos seguro e que nos vai acompañar ata que morramos, así que mellor coidalo.

Veste actuando toda a vida?

Gustaríame, pero......

Eres tímida?

Non.

Foto por http://www.suerainbow.com/

Agradecementos - https://www.facebook.com/hotelnhobradoiro

Maria Mera

http://www.mariamera.com/

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alvaro

muy buena actriz, me gusta su estilo y forma de actuar. Ya han sido 3 las veces que la he visto en teatros y muy agradable su forma de ser. Ademas siempre tiene unos bonitos looks y es muy guapa me gusta su pelo.