Xerais publica unha nova aventura de Astérix en galego

O día 24 de outubro chegou ás librarías galegas o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito!

Por GC Tendencias | Vigo | 30/10/2013 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Astérix converteuse no mito e no símbolo de todas as resistencias aos imperios que intentan impoñer, aquí e acolá as súas leis e monopolios. Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana. 

A banda deseñada de Asterix en galego é editada por Xerais
A banda deseñada de Asterix en galego é editada por Xerais

O novo álbum titúlase 'Astérix e os Pictos', pertence á colección clásica de Astérix (coas personaxes de sempre e moitas outras novas) e está realizado por dous novos autores, o guionista Jean-Ives Ferri e o ilustrador Didier, que recibiron na presentación pública os parabéns de Uderzo e da filla de Goscinny.

O volume está traducido ao galego por Xavier Senín e Isabel Soto. Na vindeira primavera, Xerais recuperará dous novos títulos, 'Astérix o galo' e 'Astérix e o fouciño de ouro'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta