Sueiro podería ser deputada á marxe de AGE

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/11/2013 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A polémica polo relevo do deputado David Fernández Calviño (ANOVA) sigue sen solventarse, malia haber algunhas novidades. O secretario de organización de Esquerda Unida declarou onte que o parlamentario deixará o escano da coalición Alternativa Galega de Esquerdas para centrarse na súa carreira investigadora en Dinamarca. Rubén Pérez tamén dixo que Esquerda Unida "non amparará" a Carmen Iglesias Sueiro (EU) se teima en non ceder a súa praza e relevar a Calviño.

Carmen Iglesias de Esquerda Unida
Carmen Iglesias de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

En declaracións a Europa Press recollidas no Galicia Hoxe, Pérez di que EU  "non amparará organicamente a entrada de Carmen Iglesias", de quen dixo "perdeu a confianza". O número dous de Esquerda Unida tamén prevé que Calviño renuncie ao escano moi proximamente.

Significa isto que Sueiro renuncia? A número dous da lista de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) declarou a La Región que non había novidades, polo que pensaba asumir o escano que lle corresponde, malia oposición do seu propio partido. Polo tanto, é posíbel que Sueiro entre no Parlamento.

ANOVA, partido do que é militante Calviño, non se pronunciou polo de agora publicamente sobre a súa posíbel renuncia ao escano do seu militante. Con todo, a coalición da que forma parte, anunciou esta mañá unha rolda de prensa. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario. Será o mércores as 11 no Parlamento.

De entrar Sueiro, Esquerda Unida quedaría con seis deputados e ANOVA con tres, malia o pacto non escrito de manter o equilibrio. Ao respecto, Esquerda Unida levou o asunto aos seus órganos de dirección en Galicia e a resposta foi unánime no sentido de que o escano "pertence a ANOVA" e que respectará o pacto de equilibro.

A pelota, pois, parece estar no tellado de Carme Iglesias Sueiro. Se a profesora ourensá mantén a súa pretensión -malia os constantes chamamentos do seu partido a que non poña por diante os seus intereses persoais- poderá facerse coa acta de deputada, pero enfrontaríase ao rexeitamento tanto de EU como de ANOVA, polo que parece moi improbábel que lle dean a benvida ao grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

16 Panoramix

O colectivo de políticos transfugas, traidores, corruptos, ladróns... do PP e do PSOE ao longo da historia é bastante amplo e está bastante documentado, así que intentar desacreditar a AGE por ter unha política que pon por diante os seus intereses particulares por diante dos intereses da coalición é un pouco hipócrita.

15 undevijo

Bueno, agora polo menos xa non lle darán cancha o Pascuas na tvg..iso que gañamos... e os do bÑg pois que volvan a despedir traballadores para pagar os pufos...era millor que foran traballar pero a estas alturas da pelicula.....

14 DecepcionadoPPsoeiro

Outra edición dos mamandurriantes do PPSOE "decepcionados" por disque votar aos galeguistas. Moi necio será quen vos faga caso. Habería que decepcionarvos aínda máis, e que Beiras pasara ao NOVO_PSOE para que bailárades un pouquiño máis, por min non deixará de ser. Non hai que descansar ata que os Mirandeiros e Pepiñeiros teñades que buscar emprego en Dinamarca limpando inodoros.

13 lobishome

ANOVA 3 escanos, IU 6 escanos. Conclusión: Beiras fíxolle a campaña a IU mentres deborou ao BNG. Bravo, bravo, bravo! Por ben mágoa que me dea, xa sabemos que lugar vai ocupar na historia. Nunca me sentín tan decepcionado...

1 reginodelapena

!Hai que ter collons!,beiras acusando os medios de querer tumbalo.?xa non te lembras o que facias co bng ¿ ? xa te esquenciches das tuas mentiras , por entraga,coas que lle incrementabas a vendas a la coz ¿.DEUS,castiga sen pau nin pedra.Vas estoupar dun momento aoutro se non liscas asiña.A tua traizon voltouse na tua contra.Xa non te precisan e remataran contigo en canto queran.Lembra a quintana.

12 tomate

El colectivo de perro flauta quieren ir a las europeas con EU.