Sueiro podería ser deputada á marxe de AGE

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/11/2013 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A polémica polo relevo do deputado David Fernández Calviño (ANOVA) sigue sen solventarse, malia haber algunhas novidades. O secretario de organización de Esquerda Unida declarou onte que o parlamentario deixará o escano da coalición Alternativa Galega de Esquerdas para centrarse na súa carreira investigadora en Dinamarca. Rubén Pérez tamén dixo que Esquerda Unida "non amparará" a Carmen Iglesias Sueiro (EU) se teima en non ceder a súa praza e relevar a Calviño.

Carmen Iglesias de Esquerda Unida
Carmen Iglesias de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

En declaracións a Europa Press recollidas no Galicia Hoxe, Pérez di que EU  "non amparará organicamente a entrada de Carmen Iglesias", de quen dixo "perdeu a confianza". O número dous de Esquerda Unida tamén prevé que Calviño renuncie ao escano moi proximamente.

Significa isto que Sueiro renuncia? A número dous da lista de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) declarou a La Región que non había novidades, polo que pensaba asumir o escano que lle corresponde, malia oposición do seu propio partido. Polo tanto, é posíbel que Sueiro entre no Parlamento.

ANOVA, partido do que é militante Calviño, non se pronunciou polo de agora publicamente sobre a súa posíbel renuncia ao escano do seu militante. Con todo, a coalición da que forma parte, anunciou esta mañá unha rolda de prensa. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario. Será o mércores as 11 no Parlamento.

De entrar Sueiro, Esquerda Unida quedaría con seis deputados e ANOVA con tres, malia o pacto non escrito de manter o equilibrio. Ao respecto, Esquerda Unida levou o asunto aos seus órganos de dirección en Galicia e a resposta foi unánime no sentido de que o escano "pertence a ANOVA" e que respectará o pacto de equilibro.

A pelota, pois, parece estar no tellado de Carme Iglesias Sueiro. Se a profesora ourensá mantén a súa pretensión -malia os constantes chamamentos do seu partido a que non poña por diante os seus intereses persoais- poderá facerse coa acta de deputada, pero enfrontaríase ao rexeitamento tanto de EU como de ANOVA, polo que parece moi improbábel que lle dean a benvida ao grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

11 Eu.gz

Fagan o que fagan desde A Voz-Faro-PP procurán argumentos para tratar de lles lavar a face. Esto de AGE durará tanto como decidan desde a FAES e os seus lacaios. Que vergoña para Galiza, non o merece!

10 cela nova

Coloca ti, coloco eu, pon ti, poño eu; mama ti, mamo eu... Asi se resume o ideario da alternativa que ficou en Alternancia Galego Española. E todo para manter unha nova rede de poder dos feirantes, aqueles que onte se liaron polo postiño co aparato de colocados da UPG, para entregarse aos mantidos do PCE. E todo pola merenda! Canta fame hai nos falsarios e impostores da esquerda! Imos destapando as mascaras dos farsantes! A esquerda era outra cousa...

1 lobishome

Moi certo cela nova! as máscaras dos farsantes vanse destapando!

9 Gourmetiño

Xa que parece moi improbábel que lle dean a benvida ao grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas, coido que Carmen Iglesias non collerá a acta. Eu mesmo non me sento capaz da grosaría de comer chope. Que diría X. L. dos meus gostos culinarios?

1 Piluco

E moito pior o que pensaría X. M.

8 OPalleironoOlloAlleo

Pois ollo á asemblea de ANOVA en LUGO. A maioría democrática quere e decide unhas cousas que non gostan ao sanedrín irmandiño, e xa hai ameazas de ruptura e intervención por parte do Palleiro. A maioría de ANOVA-Lugo acaba de montar un centro social propio que mantén boas e fluidas relacións con todo o resto de centros sociais da cidade Desde o Sanedrín Irmandiño, como non o poden controlar, están a facer o posible por boicotalo; de feito o sanedrín palleiril montou unha conferencia sobre a Fronte Ampla e organizouna noutro lugar diferente, nun boicote evidente. A tensión é tal que a semana pasada xa ten acontecido algunha demisión de destacada militante do propio encontro irmandiño en Lugo por parecerlle intolerable e antidemocrática a situación creada. O trío calavera de manipuladores e conspiradores profesionais, de novo cargándose todo e saltando as decisións das bases. Moita hipocresía.

1 -Ol

Ala! E os paxariños empreñan. jejeje, todo por el puesto

2 mimadriña.

Mimá. canto FPGallo hai por aquí!

3 lula

O BNG non debía consentir a volta de ningún desertor.

4 Lugués

Quen é ANOVA de Lugo?

7 Un abraiado

O traballo desta señora valeulle a IU-ANOVA-PP para desgastar ao BNG nas eleccións nacionais e agora non lles vale para ocupar o posto co que se presentou na candidatura. Chámanlle tránsfuga por respectar a lista que votou o eleitorado! E ao emigrante non llo chaman por roubarlle a acta municipal ao BNG! Toma coherencia!!!