Sueiro podería ser deputada á marxe de AGE

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/11/2013 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A polémica polo relevo do deputado David Fernández Calviño (ANOVA) sigue sen solventarse, malia haber algunhas novidades. O secretario de organización de Esquerda Unida declarou onte que o parlamentario deixará o escano da coalición Alternativa Galega de Esquerdas para centrarse na súa carreira investigadora en Dinamarca. Rubén Pérez tamén dixo que Esquerda Unida "non amparará" a Carmen Iglesias Sueiro (EU) se teima en non ceder a súa praza e relevar a Calviño.

Carmen Iglesias de Esquerda Unida
Carmen Iglesias de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

En declaracións a Europa Press recollidas no Galicia Hoxe, Pérez di que EU  "non amparará organicamente a entrada de Carmen Iglesias", de quen dixo "perdeu a confianza". O número dous de Esquerda Unida tamén prevé que Calviño renuncie ao escano moi proximamente.

Significa isto que Sueiro renuncia? A número dous da lista de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) declarou a La Región que non había novidades, polo que pensaba asumir o escano que lle corresponde, malia oposición do seu propio partido. Polo tanto, é posíbel que Sueiro entre no Parlamento.

ANOVA, partido do que é militante Calviño, non se pronunciou polo de agora publicamente sobre a súa posíbel renuncia ao escano do seu militante. Con todo, a coalición da que forma parte, anunciou esta mañá unha rolda de prensa. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas Xosé Manuel Beiras, a viceportavoz Yolanda Díaz e o deputado David Fernández Calviño ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación do grupo parlamentario. Será o mércores as 11 no Parlamento.

De entrar Sueiro, Esquerda Unida quedaría con seis deputados e ANOVA con tres, malia o pacto non escrito de manter o equilibrio. Ao respecto, Esquerda Unida levou o asunto aos seus órganos de dirección en Galicia e a resposta foi unánime no sentido de que o escano "pertence a ANOVA" e que respectará o pacto de equilibro.

A pelota, pois, parece estar no tellado de Carme Iglesias Sueiro. Se a profesora ourensá mantén a súa pretensión -malia os constantes chamamentos do seu partido a que non poña por diante os seus intereses persoais- poderá facerse coa acta de deputada, pero enfrontaríase ao rexeitamento tanto de EU como de ANOVA, polo que parece moi improbábel que lle dean a benvida ao grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

6 Un de ANOVA

A esta señora pásalle como pasáballe á UPG dentro do BNG : quere ter o seu chope pero ben sabe que os votos non foron para ela. Tanto ten,o pobo acabará votando e os larpeiros irán á sua casa...

1 un farto

Detecto neste comentario un poco de soberbia (sabe que os votos non foron para ela ) . O mesmo tempo rencor, vendo que AGE ten os mesmos defectos que o resto, ou peor, xa que a día de hoxe seguen tendo actas que non lle corresponden. Así que exemplos os xustos e necesarios.

5 OLA K AGE

3ª crise gordísima en ANOVA despois das expulsions de Redondela e a dupla asemblea de Ferrol http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 salta

home, un trol resentido antidemocrático de Anova!! Polo que me consta, en Redondela non hai expulsións, hai suspensión temporal (o contrario sería admitir como normal prácticas camorristas na política). Ídem ebn Ferrol, onde hai egos que non caben en toda a ría.

2 galegosemmais

Tes outra meu a de Vigo pairenvos os enanos con perdon pra iles

4 IrmandadedeVividores

Para comprendermos o horizontalismo e nova cultura política de Anova, cómpre ver cómo as cúpulas irmandiñas respeitan as decisións democráticas das bases. A asemblea local de Vigo decide unha cousa, e como non gusta, disolven a asemblea e directamente se autonomea Palleiro responsábel local. Non é unha esaxeración, foi real como a vida mesma. http://www.lavozdegalicia.es/notici... "Tras aprobar la intervención de su asamblea en Vigo, la permanente nacional de Anova designó una gestora con su responsable de Organización, Paula Verao; el de Relaciones Políticas, Luis Eyré, y el de Acción Institucional, Antón Araúxo..."

3 PoucaVergoña

"o escano "pertence a ANOVA""... Cinismo e hipocresía ao 50%.

2 O Crocas

Sempre é mellor unha roda de prensa de Beiras e Yolanda, que o apretón de mans e os abrazos entre Miguel Fernández Lores, o alcalde insumiso e antisistema, co xeneral Alonso, o xefe da Brilat de Pontevedra. Como sempre, os perdoavidas da UPG, mesmo un dos seus xefes, a dar exemplo de radicalidade. Fotos, para quen as quera, ou non crea, como o Santo Tomás, as que querades na rede.

1 trovador

Case me quedo co pacto de IU en extremadura, ou a asistencia de Beiras o libro do Presi Feeeiiii:

2 Maragota

E xa foi Lores a cear e manter un pequeno romance co xeneral como si fixo Beiras co Fraga?

3 reginodelapena

Os traidores rematan mal sempre.! Vaite beiras,auguroche nada bon si non o fas asiña.Pode darche un patatus que te leve o demo.