Os máis pequenos poderán facer un gazpacho de amorodos ou un banana split en Pontevedra

O programa de lecer infantil O Ganapán confecionará un lapiseiro con forma de ourizo e desfrutarán dun planetario.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no Mercado de Abastos de Pontevedra, regresa esta fin de semana cun Espazo Gastro no que os máis pequenos poderán elaborar un gapzacho de amorodos ou un banana split. Tamén haberá un Espazo Crea onde se confencionarán uns lapiseiros con forma de ourizos e se viaxará a través dos planetas

O obradoiro O Ganapán - La Voz de Galicia
O obradoiro O Ganapán - La Voz de Galicia

Tal como dinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "as actividades desenvolveranse en dúas sesións, con horarios de inicio ás 11:00 e ás 12:30 horas". O sábado estará dedicado á elaboración do gazpacho e do lapiseiro con forma de ourizo e o domingo farán o banana split e disfrutarán do espazo exterior nun planetario. 

Todos aqueles nenos de entre 4 e 10 anos que estean interesados en participar nos talleres poden reservar a súa praza a través do correo electrónico oganapan@gmail.com. A inscrición pechará ás 16:00 horas da xornada anterior á celebración dos obradoiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta