Pontevedra únese ás reinvindicacións polos dereitos LGBTIQA

O Orgullo 2021 reivindica as siglas da diversidade LGBTIQA ante a crecente ameaza dos discursos de odio e as agresións contra o colectivo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra lánzase á defensa dos dereitos LGBTIQA e loita ante o que consideran a “crecente ameazada” dos “discursos de odio” e as agresións perpetradas contra o colectivo da diversidade sexual. Así o vén de apuntar a Concellería de Igualdade, que nas últimas xornadas presentou unha serie de propostas a desenvolver neste mes de xuño, no que ten lugar a festa do orgullo, coas que pretenden mostrar o firme rexeitamento consistorio pontevedrés á “plumofobia”.

Bandeira LGBT
Bandeira LGBT | Fonte: Ludovic Bertron Wikipedia

O programa, presentado esta mañá por Blanco na Sala de Prensa do Teatro Principal, incluirá un encontro co activista Jordi Petit, unha noite de cabaré no Gastroespazo da man dos Vermús de Pinto e Maragota, unha charla con Fito Ferreiro, activista qye demandou á TVG por acosalo por mor da súa orientación sexual, e Ada Otero. Tamén haberá talleres temáticos para os máis pequenos, arranxos florais reivindicativos dos Xardíns que Falan e a instalación artística ‘Letras Coloridas’ no balcón da Casa Consistorial.

Despois dun 2020 centrado na loita contra a plumofobia, cunha instalación no balcón do Consistorio que captou a atención de toda a cidadanía, a Concellería de Igualdade pretende volver converter Pontevedra este ano en referente nacional do Orgullo cun programa de accións que terá como eixo vertebrador a reivindicación das letras que compoñen a terminoloxía da diversidade: L (lesbiana) G (gay) B (bisexual) T (trans) I (intersexual) Q (queer) A (asexual).

Ante a crecente ameaza que os discursos de odio e a intolerancia promovidos no noso país polos sectores máis reaccionarios supón para o feminismo e a loita pola diversidade sexual e de xénero, o departamento que dirixe a socialista Yoya Blanco, a través do programa Pinto e Maragota, quere converter este Orgullo 2021 “nunha afirmación dos dereitos conquistados por parte do colectivo LGBTIQA+ durante os últimos anos e nunha campaña de visibilización e dignificación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta