Rexistrados varios terremotos de magnitude 2 e 2,3 en Becerreá, Triacastela e Muros

Esta semana quedou rexistrado outro tremor en Galicia, o que se produciu o martes pola mañá, de magnitude 2, con epicentro no municipio de Vilariño de Conso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A terra volveu a tremer nas últimas horas na provincia de Lugo, con dous terremetos rexistrados con epicentro en Triacastela e Becerreá, e aos que se engaden outros dous sismos rexistrados en Muros (A Coruña).

Segundo notificou o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), na madrugada deste xoves rexistrouse un tremor de terra ás 00,51 horas, con epicentro en Triacastela, e de magnitude 2,3 na escala de Richter.

Esa mesma madrugada, ás 1,28 horas, quedou rexistrado un terremoto de magnitude 1,9 en Muros e, vinte minutos máis tarde, outro tremor na mesma zona, de magnitude 2,3.

O IGN notificou tamén outro terremoto, rexistrado na noite do mércores ao xoves con epicentro en Becerreá. Neste caso, o tremor produciuse sobre as 23,53 horas, e alcanzou unha magnitude de 2 na escala de Richter.

Ademais, esta semana quedou rexistrado outro tremor en Galicia, o que se produciu o martes pola mañá, de magnitude 2, con epicentro no municipio de Vilariño de Conso (Ourense).

Terremoto en Triacastela (Lugo)
Terremoto en Triacastela (Lugo)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta