(Vídeo) Na procura do “amor à primeira vista” do alumnado galego coa lingua portuguesa

Os docentes de portugués en Galicia presentan unha campaña para animar a estudar esta lingua irmá.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2021 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

"O meu co português foi um match total!”, conta entusiasmada Carolina á procura de complicidade da mocidade para estudar portugués. A asociación 'Docentes de Português na Galiza' (DPG) vén de lanzar unha campaña co obxectivo de chamar o maior número de estudantes a que escollan estudar a materia de portugués nos institutos galegos, ESO e Bacharelato, de cara ao vindeiro curso.

Imaxe da campaña creada por DPG para animar o estudantado a estudar portugués
Imaxe da campaña creada por DPG para animar o estudantado a estudar portugués | Fonte: Illa Bufarda

A asociación alenta o estudantado a través dun vídeo creado pola produtora Illa Bufarda e publicado en múltiples plataformas e redes sociais que busca espertar no alumnado ese “amor à primeira vista” co portugués... “Porque afinal, não é a todos que o português nos seduz?”. Nesta pequena peza audiovisual, Carolina, unha moza galega de 18 anos e estudante de portuguéz relata a cámara que está apaixonada coa lingua, cuxa aprendizaxe provoca sentimentos semellantes aos do amor. 

“Amor ou o nome que hoje lhe quisermos dar às sensações de prazer que aquilo nos desperta, essa tal conexão, dopamina para o nosso cérebro, ligações neuronais inesperadas... Pronto, cá está a língua portuguesa na sua melhor aproximação, mais um caso de 'amor à primeira vista'", explican dende a asociación. O vídeo promocional da campaña conta tamén co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Todo xoga a favor para aprender o portugués, que abre a porta dunha comunidade de máis de 200 millóns de falantes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta