Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/11/2013 | Actualizada ás 08:00
O 17 de setembro pasado, Faro de vigo, S.A.U., daba por finiquitado un conflito xudicial iniciado coa Deputación de Pontevedra en maio deste mesmo ano. Reclamaba a devolución íntegra dos 3.502.184 millóns de euros que invertira na compra de dúas parcelas no Polígono Industrial de Barro, propiedade do ente provincial.
Sen embargo, a Deputación de Pontevedra desestimou o recurso presentado polo xornal e reclamáballe o pago do 6% do precio de adxucicación desas parcelas. Finalmente, Faro de Vigo desistiu do seu empeño de continuar na vía xudicial.
Jaime Abella Fernández, en nome e representación de Faro de Vigo, S.A.U., presentaba o 17 de setembro un escrito no que solicitaba que "se le tenga expresamente por renunciado respecto a la reclamación previa a la vía judicial presentada el 4 de febrero de 2013, así como a los recursos que procedan contra su inadmisión, tenga por desistida a FARO DE VIGO S.A.U. de la adjudicación de las parcelas D-01 a D-10, ambas inclusive".
Ademais, acordaba "en definitiva la resolución del contrato con devolución del importe pagado a cuenta del precio de las referidas parcelas, esto es tres millones quinientos dos mil ciento ochenta y cuatro euros con veinte céntimos (3.502.184,20€), previa deducción de doscientos diez mil ciento treinta y un euros con cinco céntimos (210.131,05€), en concepto del 6% equivalente a la garantía definitiva devuelta por el IPESPO, procediendo, en consecuencia, la devolución a FARO DE VIGO, S.A.U. de un total neto de tres millones doscientos noventa y dos mil cincuenta y tres euros con quince céntimos (3.292.053,15 €), sin ningún tipo de revisión al alza, tal y como estable la cláusula 10º del pliego de condiciones económico administrativas”.
Por iso, e analizado o expediente, a Deputación de Pontevedra decidiu acordar a resolución do contrato e a devolución dos importes correspondentes ás 20 facturas, cobradas a este xornal, e a propiedade das dúas parcelas volveu a mans do ente provincial.
Sen embargo, e a diferencia do que pedía Faro de Vigo, a Deputación decidiu reterlle como garantía definitiva 420.262 euros. As razóns; "incumprimento do obxecto do contrato" xa que, como recolle, o expediente, no polígono existen outros adxudicatarios que realizaron o seu proceso construtivo e iniciaron a súa actividade. Polo tanto, se lle retivo o prezo de adxudicación, e non o do 6% do prezo abonado até a data. Os subscritores do GC Plus poden ler todo o expediente da "resolución do contrato e devolución dos importes correspondentes a 10 facturas da empresa Faro de Vigo, S.A.U.".
Pero, para que quería o Faro de Vigo esas dúas parcelas?. Segundo as fontes consultadas, foi cara o 2007 cando Editorial Prensa Ibérica—grupo de Francisco Javier Moll de Miguel e propietaria do Faro de Vigo— barallaba unha grande operación xornalística. Así, pensaba comprar un edificio céntrico de Vigo para instalar a redacción e levar as rotativas e os talleres a Barro.
Formaba parte dunha estratexia deste grupo, primeiro para ter a rotativa nun punto estratéxicamente mellor situado —máis ao norte, preto de Santiago e de todas as provincias galegas— para a distribución e tamén para gañar e/ou afianzar clientes para a rotativa, é dicir, a impresión doutros xornais. Precisamente, esa foi a estratexia de La Voz de Galicia, que tamén apostou moi forte pola súa nova rotativa nos últimos anos.
O diario herculino mercou a rotativa en boa medida gracias a unha importante subvención a fondo perdido da Xunta, concedida tras a primeira vitoria electoral de Feijóo. A subvención foi a máis importante na súa categoría concedida polo IGAPE.
O Instituto Galego de Promoción Económica pagou ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo a Xunta, eran o investimento subvencionable.
Esta moderna planta de impresión, ubicada en Sabón (Arteixo), captou ás edicións que o diario madrileño ABC e o catalán Sport teñen en Galicia e que antes imprimían na que o Faro ten en Chapela. Unha situación que provocou perdas ao Grupo Moll que acabaron en despidos na sección de talleres en 2012.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.