Falece un home de 47 con covid

Tras catro días sen mortes, o número de falecidos en Galicia ascende a 2.436.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/06/2021 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Unha morte notificada este luns polo servizo galego de saúde e atribuída á covid-19 elevou a 2.436 os falecementos causados pola pandemia en Galicia desde o seu inicio.

O deceso, rexistrado o domingo, é o dun home de 47 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Tiña patoloxías previas, indica a Xunta

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta