As universidades galegas e a Carlos III crean un sistema intelixente de transporte urbano

Permite a incorporación continúa de datos e conta con procesos de aprendizaxe automática que posibilitan predicir os fluxos de tráfico.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/07/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Un consorcio integrado polo tres universidades galegas --USC, UDC e UVigo-- e a Universidad Carlos III de Madrid deseñaron un sistema intelixente de transporte urbano, o proxecto 'MaGIST', que permite a incorporación continúa de datos e conta con procesos de aprendizaxe automática que posibilitan predicir os fluxos de tráfico ou detectar as zonas do espazo urbano nas que exista unha "degradación de activos" que poida afectar á mobilidade.

Tráfico de coches
Tráfico de coches | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) explica que, no marco deste consorcio, sitúase o subproxecto 'MaGIST-ELA: Xeoprocesamento a grande escala para análise exploratoria e baseada na aprendizaxe', cuxos investigadores principais son os profesores da USC José Manuel Cotos Yáñez e José Ramón Ríos Viqueira.

O obxectivo principal de MaGIST-ELA é o desenvolvemento de técnicas eficientes de procesamento de consultas sobre Data Lakes heteroxéneos moi grandes --repositorios de almacenamento centralizado que conteñen big data de varias fontes nun formato granular sen procesar-- e a súa aplicación para a resolución da análise geoespacial.

O proxecto utilizará a aprendizaxe automática para a monitorización e predición de fluxos de tráfico e da calidade do aire. A aprendizaxe automática utilizarase tamén para estimar a degradación do pavimento a partir de datos obtidos de dispositivos móbiles.

"Os problemas relacionados co tráfico rodado son unha das maiores preocupacións nas cidades, e por tanto retos crave dos sistemas intelixentes de transporte urbano modernos. Inclúen a análise do fluxo de tráfico rodado e o seu impacto ambiental e análise da degradación das infraestruturas", explican os investigadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta