O Consello Consultivo emitiu 368 ditames no primeiro ano da pandemia

En termos porcentuais, a Xunta aglutina un 73,10 por cento de expedientes, mentres que deputacións e concellos quedan nun 26,63 por cento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luís Costa Pillado, presentou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a memoria anual 2020 do organismo na que se fan constar 368 expedientes avaliados, dos cales fai falta destacar que 214 corresponden a asuntos relacionados coa sanidade.

No balance xeral presentado a Núñez Feijóo constan 143 expedientes menos que no exercicio anterior, descenso, recalcan, xustificado por que a pandemia impediu o normal desenvolvemento da actividade administrativa en xeral.

A administración autonómica volve ser a que máis casos somete a consulta, con 269, seguida da administración local con 98 asuntos e a universitaria cun só caso.

En termos porcentuais, a Xunta aglutina un 73,10 por cento de expedientes, mentres que deputacións e concellos quedan nun 26,63 por cento.

No ámbito da Administración galega, a Consellería de Sanidade foi de novo a que máis expedientes elevou a consulta (214), seguida de Facenda (21), Vicepresidencia (5), Educación (5), Política Social (5), Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (4), Mar con 3 e o resto de consellerías con 2 ou menos consultas.

O informe máis destacable pola influencia do ano pandémico foi o referente á posibilidade legal de alcaldes e alcaldesas de exercer competencias en materia sanitaria no ámbito dos seus concellos.

José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo, e Alberto Núñez Feijóo
José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo, e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta