A xornalista Isabel Bravo, gañadora do Premio "Somos Esenciais 2020"

O seu programa "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta", emitido na Radio Coruña -Cadena SER, foi o merecedor do galardón.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Isabel Bravo recibirá o Premio de Xornalismo "Somos Esenciais 2020" polo seu traballo "Cando as respostas aínda non tiñan resposta", emitido na Radio Coruña - Cadena SER. Con este premio, o Colexio Profesional de Xornalsitas de Galicia, organizador do certame en colaboración con Gadis, quere destacar o traballo de Bravo por "pór en valor a información local e darlle voz ás fontes expertas no primeiro día de estado de alarma".

Isabel Bravo, xornalista.
Isabel Bravo, xornalista. | Fonte: Fonte: Cadena SER.

O Premio "Somos Esenciais 2020" naceu para reivindicar a labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia en 2020, e recoñece o traballo xornalístico máis salientable dende o punto de vista informativo e de servizo público. 

A xornalista Isabel Bravo recibirá o premio o luns 26 de xullo ás 17.00 na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Debido ás restricións sanitarias, o acto de entrega terá un aforo reducido e aberto só aos profesionais dos medios de comunicación. Na cerimonia estarán presentes a vicedecana segunda do Colexio de xornalistas, Belén Regueira Leal, o director de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, Antonio Cortés Lobato. 

Ademais do premio outorgado a Isabel Braco, o xurado tamén decidiu conceder unha mención especial como finalista á reportaxe "La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes»", publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia. Aos premios presentáronse un total de 39 traballos de todos os formatos xornalísticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta