Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 18:05
A Xunta publica este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da convocatoria de axudas para o período 2021-2023 do 'Moves III', o programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica que contará cun total de 22,7 millóns de euros. O Goberno galego destinará 4,4 para desenvolver proxectos propios neste ámbito.
Así, este venres abre o prazo para que os concesionarios, no caso de adquisición de automóbiles, e empresas instaladoras de baixa tensión para a implantación de infraestruturas de recarga presenten as súas solicitudes como entidades colaboradoras.
Os particulares, comunidades de propietarios, autónomos, empresas e entidades locais poderán pedir as axudas do programa a partir do 13 de setembro, e concederanse por orde de chegada.
Os apoios para a compra de automóbiles poderán alcanzar os 9.000 euros e nesta convocatoria duplícase ata o 80% a porcentaxe máxima de axudas para a instalación de puntos de recarga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.