A nova UIFO coordinarase coas forzas de seguridade do Estado na investigación de incendios forestais

A nova Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) está conformada por uns 15 membros da escala de axentes ambientais e desvinculados das tarefas de extinción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

A nova Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) coordinará o seu traballo para aclarar os lumes rexistrados no territorio galego coas forzas e corpos de seguridade do Estado.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este luns o Pazo de Quián, en Boqueixón, cos integrantes desta unidade especial de investigación, na que destacou os seus principais características e funcións.

A UIFO está conformada por uns 15 membros da escala de axentes ambientais e desvinculados das tarefas de extinción, polo que poderán centrarse especificamente "e con maior intensidade" na investigación dos lumes.

González remarcou, ademais, que esta particularidade lles permitirá tamén focalizar o seu labor "naquelas zonas do territorio máis afectadas en períodos de alto risco ou en situación de alta actividade incendiaria".

Neste sentido, o conselleiro incidiu en que a UIFO levará a cabo unha total "coordinación e colaboración" tanto coa Policía Autonómica e Nacional como coa Garda Civil "e mesmo co Exército".

González advertiu aos incendiarios que a Administración ten "moito ollos encima deles" e lembrou que "as cámaras de vixilancia abarcan xa o 70% do territorio galego".

En todo caso, engadiu, "ao final sempre é necesaria a intelixencia humana" que representa esta unidade, cuxos membros son "os que de verdade están sobre o terreo e os que máis saben na loita contra os incendiarios".

ESPECIALIZACIÓN

González referiuse ademais á especialización deste persoal tanto no propio traballo sobre o terreo como na tramitación administrativa e xudicial dos procedementos, así como a posibilidade de deseñar e impartir unha formación especializada en materia de investigación sobre incendios forestais.

Así, a posta en marcha da unidade permitirá o estudo e seguimento das parroquias que rexistren unha alta actividade incendiaria, o incremento do número de detencións de presuntos incendiarios ou a mellora no coñecemento das causas e motivacións dos lumes.

O encontro deste luns servirá, ademais, para avanzar na planificación do que resta de campaña de incendios. Respecto diso, o titular de Medio Rural asegurou que, independentemente das condicións meteorolóxicas, a Xunta segue traballando para loitar contra os lumes tanto no ámbito da extinción como en prevención, investigación e disuasión.

José González nunha reunión coa nova Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). PEPE FERRIN
José González nunha reunión coa nova Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). PEPE FERRIN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta