Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/08/2021 | Actualizada ás 20:33
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou no serán deste mércores cinco falecementos máis pola covid-19.
Trátase dunha muller de 85 anos que faleceu na Residencia de maiores de Ribadeo; dun home de 88 anos, en Povisa (Vigo); outro home de 83 anos, no Hospital de Verín (procedente Residencia Val de Monterrei); un varón de 93 anos, no Hospital de Monforte de Lemos, e unha muller de 89 anos, no Hospital de Burela.
Todas as vítimas presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.