Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 18:15
O período oficial para poder exercer a actividade cinexética sobre o xabaril e o corzo comezou este sábado en toda Galicia, segundo consta na resolución publicada no mes de maio pola que se determinan as épocas hábiles de caza. Segundo o réxime especial aprobado para esta tempada no caso dos xabarís, o seu aproveitamento cinexético estenderase ata o 27 de febreiro do ano que vén.
A Xunta informa de que queda prohibido realizar simultaneamente, na mesma mancha e xornada, batidas nas modalidades de caza maior e menor.
Pola súa banda, a asociación animalista Libera ve "un perigo" o inicio da tempada de caza de xabaríns este sábado, coas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo en risco extremo/alto de incendio forestal. Un risco que ve "evitable a través dunha suspensión da actividade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.