Goza da ciencia en galego a través de Twitch!

A canle de divulgación científica Balea Vermella e o dominio PuntoGal veñen de firmar un convenio de colaboración.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 26/08/2021 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Balea Vermella xa conta co apoio do PuntoGal, entidade que xestiona o dominio de Internet .gal. O programa semanal que Javier Balea e Iria Veiga realizan a través da plataforma Twitch, será patrocinado por PuntoGal mtras firmar ambas partes un convenio de colaboración. 

Logotipo de Balea Vermella
Logotipo de Balea Vermella

Dende fai seis meses, Balea Vermella ofrece ciencia en galego, tratando en vídeos en directo temas como a emerxencia climática, as superbacterias ou a observacióin astronómica. Balea Vermalla é todo un exemplo da divulgación científica en galego nas plataformas en auxe, como é o caso de Twitch. 

Javier Balea, un dos seus creadores, sinala que na segunda temporada do programa seguirán conversando con figuras destacadas da investigación e da divulgación do noso país, así como tamén apostarán por crear sinerxías coas compañeiras de "Ecos de Xigante" ou "Ciencia e tal". Como novidade, nos programas da temporada nova, participarán divulgadores que pasarán a ser colaboradores do directo. 

Esta colaboración de PuntoGal enmárcase dentro do seu programa corporativo de apoio a iniciativas do ámbito da lingua, a cultura ou a tecnoloxía, na que tamén figuran o premio Spin-Off PuntoGal ou o apoio ao podcast Carfé Derby. "Balea Vermella cumpre non só con eses obxectivos, senón que tamén favorece o coñecemeto científico e emprega novas plataformas de contido onde é moi necesaria a presencia do noso idioma", explica o director xeral do dominio, Darío Janeiro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta