A "pequena revolución" da gandería galega: vacas A2 que producen leite libre de betacaseinaA1

Leite Noso presenta Deleite A2A2, "un leite natural sen a proteína que causa molestias dixestivas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/08/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Leite Noso presenta Deleite A2A2, un leite sen a proteína que causa molestias dixestivas, unha "pequena revolución" para o sector resultado de catro anos de traballo dos gandeiros, que seleccionaron as vacas que de forma natural producen libre da betacaseina A1.

O director executivo de Leite Noso, Pedro González, resaltou que esta iniciativa ten "algún precedente fóra de España, pero en España e de venda a gran escala non o fixo ninguén". "O futuro está no leite A2", subliñou, antes de referirse a estudos universitarios que avalan o seu produto.

Trátase, segundo explica Leite Noso, dun leite "máis dixestivo e natural", cuxa "pequena revolución" ten que ver "coa calidade e a saúde". E é que, segundo constatou esta sociedade, un 25% dos consumidores manifesta molestias dixestivas cando só o 5% é intolerante á lactosa.

Ante esta circunstancia, estes gandeiros propuxéronse "mellorar" a cabana, mediante a selección do gando, para producir, en realidade, o "leite orixinario", que é a A2A2.

"Non é un leite especial nin enriquecido, nin resultado dun proceso tecnolóxico. É o resultado das vacas A2, que son as que de forma natural producen leite libre da betacaseinaA1", explican. E é que a proteína A1, indican, é "produto dunha mutación xenética" e a "verdadeira causante de molestias dixestivas que moitos relacionaban coa lactosa".

"GALEGA 100%"

Deleite A2A2 "será unicamente A2", coa intención de sentar "ben", ser "facilmente dixerible" e "non causar problemas gastrointestinales". Tamén "cambia" o continente, e lánzase en varias modalidades, como enteira e con chocolate.

Leite Noso, unha sociedade participada exclusivamente por gandeiros que naceu en 2016 para comercializar o leite sen intermediarios, distribuirá este novo produto, "galego 100%", en todas as cadeas de distribución e tamén nas tendas de proximidade.

Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo
Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta