Os afectados polas preferentes crean un partido político

Chámase Partido de los Perjudicados por las Preferentes (PPPr) e está dirixido polo exabogado de Ruiz Mateos. Ademais da devolución das preferentes, piden que o Estado asuma as competencias das autonomías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/01/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Algúns dos integrantes das plataformas de afectados polas participacións preferentes decidiron, finalmente, dar un paso máis adiante nas súas protestas contra bancos e gobernos e acaban de constituir un novo partido político co obxectivo de que as súas reivindicacións sexan escoitadas dentro das propias institucións.

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior
Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior | Fonte: Miguel Núñez

O Partido de los Perjudicados por las Preferentes (PPPr) está integrado por afectados de varias plataformas de afectados; Plataforma de Afectados Bankia, Plataforma afectados Nova Caixa Galicia, Plataforma afectados CAM, Caixa España-Duero Banco CEISS e Plataforma de afectados e Afectados Caixa Cantabria-Liberbank.

Liderado polo exabogado de Ruiz-Mateos

Detrás desta nova marca política está Joaquín Yvancos, que foi o abogado do empresario José María Ruiz-Mateos durante dúas décadas e tamén representa os intereses de particulares que presentaron demandas en casos como os de Marsans, Pescanova ou Nova Rumasa, entre outros. 

A nova formación pretende participar nas próximas eleccións europeas que se celebran en maio. E Yvancos niso xa ten experiencia; xa organizou a candidatura europea coa que se presentou José María Ruiz-Mateos en 1989 (Yvancos ía como terceiro na lista) e na que logrou dous escanos.

O seu principal obxectivo é "conseguir unha lexislación xusta que permita a recuperación dos investimentos de pequenos aforradores en produtos financeiros descoñecidos para eles que foron contratados con abuso de confianza e malas artes por parte das entidades emisoras", sexan preferentes ou subordinadas.  

Reforma do Estado das Autonomías

Sen embargo, esta nova formación tamén persigue outros obxectivos que nada teñen que ver coas súas reivindicacións orixinais e que asemellan as de outras nova formación, Vox, integrada por membros das asociacións de vítimas contra o terrorismo e que dirixe José Ortega Lara. 

Así, apostan por unha "modificación da lexislación penal para garantir o cumprimento íntegro das penas, sen beneficios penais a asasinos e violadores" e propón a "reforma do Estado das Autonomías, asumindo o Estado as competencias de educación, sanidade e xustiza actualmente transferidas ás Comunidades Autónomas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 titular errado

"Algúns afectados polas preferentes crean un partido político", debería se-lo titular.

8 PPP(r)

PPP(r) = Partido Popular Potenciado (y reconstituido).

1 PP (p-r)

Lo subo a: Partido Popular (Paquista-Ratista)

7 currás

E digo eu, como nom liquidam o Estado que nom os defendeu por vez de reforzá-lo?

6 Ana

PPPr, PP, UPyD, Vox, Ciudadanos, Soluciona... Por min que se creen mais partidos nacionalistas españois pq mais se dividira ese voto en Galiza e no estado español.

1 oghalhá

o mesmo opino eu pero me parece que eses ppartidos son realmente campanhas publicitarias en favor do espanholismo, para facer crer que son clamor, unha maioria silenciosa. Logo nas eleccions voltan ó rego do PP tradicional.

5 Ana

Creo no autogoberno, pois un goberno proximo a un pobo como o galego coñecera mellor os problemas dos galegos que un que esta en Madrid ou Bruxelas e sabera darlle mellor solucion. Ademais, sempre sera mais dificil condicionar por parte do poder economico a moitos gobernos que a un so goberno centralista. Neste momento o que pide a xente non é mais centralismo, o que esta a pedir e unha "democracia participativa" para que se nos consulte sobre todolos temas que nos afectan: pago da debeda, monarquia/republica, recortes, seguir ou non no euro, etc.