Escritores e escritoras galegas súmanse ao movemento 'Cultura por Afganistán'

Ten por obxectivo impulsar unha serie de accións para axudar na saída, a acollida e o recoñecemento de refuxiadas políticas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) trasladou a súa adhesión ao movemento 'Cultura por Afganistán' e animou todas as persoas e colectivos do campo cultural e social a que se unan a este movemento.

Este colectivo xurdiu para facer un chamamento aos gobernantes para a defensa dos dereitos humanos e para a promoción da cultura afgá no noso país. En concreto, responde, explica a AELG, á chegada ao poder dos talibán en Afganistán "e as graves consecuencias que está a ter para a sociedade civil".

Por iso, diferentes entidades e personalidades do mundo da cultura impulsaron esta iniciativa, "movidas pola defensa dos dereitos e as liberdades e o acceso universal á cultura e a educación como ferramenta imprescindible para o desenvolvemento persoal e profesional de calquera individuo".

A AELG lembra que este movemento ten tamén por obxectivo impulsar unha serie de accións para axudar na saída, a acollida e o recoñecemento de refuxiadas políticas ás artistas e intelectuais afgás, en especial mulleres e membros doutros colectivos en situación de vulnerabilidade.

Chegada de refuxados Afgáns a España logo de saír en avións da UE de Afganistán
Chegada de refuxados Afgáns a España logo de saír en avións da UE de Afganistán | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta