O PPdeG artella a súa Comisión de Igualdade con Raquel Touriño á cabeza

A actual vicesecretaria da formación vén de ser proposta pola dirección do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A dirección do PPdeG propuxo a Raquel Touriño, vicesecretaria da formación e presidenta da Federación pola Igualdade de Pontevedra, para presidir a Comisión Permanente de Igualdade, que no último Congreso Autonómico se converteu nun órgano estatutario.

A vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño.. PPDEG
A vicesecretaria de Igualdade do PPdeG, Raquel Touriño.. PPDEG | Fonte: Europa Press

A lista completa de integrantes da Comisión será sometida á opinión do Comité Executivo do partido, que se reunirá este luns en Santiago de Compostela e estará presidido polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo informa o PPdeG nun comunicado, a proposta estará integrada por perfís femininos e masculinos, debido a que "a defensa da igualdade non se reduce só ás mulleres senón ao 100% da sociedade", así como cargos de contornas urbanas e rurais; alcaldesas, portavoces e representantes nas Cortes Xerais, entre outros.

En concreto, a formación popular sinalou como secretarias da Comisión á coordinadora de Movementos Sociais, Paula Mouzo, e á concelleira de Ponte Caldelas Milagres Domínguez. Tamén estará na lista a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.

IGUALDADE "REAL E EFECTIVA"

Neste contexto, Touriño afirmou que a igualdade entre homes e mulleres "debe estar presente en todas as decisións e medidas" que competen á cidadanía, "especialmente as relacionadas con educación, formación e emprego". Deste xeito, os populares referíronse a unha igualdade "real e efectiva" e que se afasta das "extravagancias" doutros partidos.

Neste punto, a vicesecretaria puxeron de exemplo como extravagancia o feito de querer ensinar matemáticas con perspectiva de xénero e cren que se trata dun desexo de "querer ocupar máis espazo nos medios de comunicación". O Comité Executivo deste luns será o primeiro do curso político e reunirase a mesma semana que arrincan os congresos provinciais: sábado 18 (Pontevedra), domingo 19 (Lugo), sábado 25 (A Coruña) e domingo 26 (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta