Piden 9 anos de cárcere para o acusado de golpear unha amiga na cabeza cunha barra de ferro

A Fiscalía inclúe na súa petición outros 10 anos de afastamento e 20.000€ de indemnización.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Fiscalía solicita 9 anos de cárcere para un home acusado por un homicidio en grao de tentativa, tras golpear a unha amiga cunha barra de ferro na cabeza, e que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado e a vítima mantiñan unha relación de "amizade próxima" e, ás 6,00 horas do día 16 de abril de 2019, ambos dirixíronse ao inmoble no que vivía ela. Unha vez alí, e sen que se coñezan as causas, o acusado colleu unha barra de ferro e golpeou, por detrás á súa amiga polo menos en 5 ocasións, alcanzándolle a cabeza.

O fillo dela presenciou os feitos e, cando lle pediu ao acusado que deixase de golpear á súa nai, este respondeulle: "Fago isto porque o merece, por chulearme". A continuación, fuxiu do lugar nun coche. Cando a Policía acudiu, atopouse á muller sangrando abundantemente pola cabeza, polo que avisou a unha ambulancia, que a trasladou ao Hospital, onde permaneceu ingresada catro días.

Por estes feitos, a Fiscalía pide que o acusado sexa condenado a 9 anos de cárcere, como autor dun delito de homicidio en grao de tentativa, e pide a medida de afastamento da vítima por un período de 10 anos. En concepto de responsabilidade civil, reclama que indemnice á muller en 20.000 euros.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta