Galicia ten xa a 2,2 millóns de persoas completamente vacinadas contra a Covid

Este venres hai procesos de vacinación para aquelas persoas que non acudiron cando foron citadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia superou os 2,2 millóns de persoas vacinadas con pauta completa contra a Covid-19, ao finalizar o proceso 2.200.701 cidadáns, que supoñen 2.877 máis que a xornada anterior.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, dos que se extrae que un 89,65 por cento da poboación diana (que ascende a 2.454.497 cidadáns) completou o proceso e un 81,4% dos habitantes de Galicia.

Ata a data, en Galicia administráronse 4.284.192 dose da vacina, que supoñen o 98,43 por cento das 4.352.189 recibidas ata o momento. Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, segundo a idade contan con pauta completa 1.996.421 persoas, así como 15.613 cidadáns de alto risco; 17.591 dependentes non institucionalizados; e 26.593 persoas institucionalizadas.

Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.818 profesionais do ámbito sanitario e 27.244 do socio-sanitario; ademais de 44.067 traballadores esenciais.

AUTOCITAS E REPESCAS

Galicia segue co proceso de inmunización contra a Covid-19 este venres nas súas áreas sanitarias con repescas de persoas que non puideron acudir cando foron convocadas, autocitas e vacinación sen cita. A iso súmase a administración de segundas doses.

Proceso de vacinación contra o Covid no Recinto Feiral de Pontevedra.. SERGAS
Proceso de vacinación contra o Covid no Recinto Feiral de Pontevedra.. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta