As fragatas F-110 entrarán en produción en marzo de 2022 segundo ratifica o presidente de Navantia

"Esta empresa traballa no desenvolvemento e construción na primeira fábrica de bloques do mundo declarou Ricardo Domínguez.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 21/09/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O presidente de Navantia, Ricardo Domínguez, anunciou este martes, durante a inauguración do Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena) que o estaleiro de Ría de Ferrol arrincará en marzo de 2022 a produción das fragatas F-110 para a Armada Española.

En concreto, Domínguez detallou que o Cesena "dará apoio á construción dos primeiros buques da Frota 5.0 da Armada Española", en alusión a estas fragatas, "as do século XXI, as F-110 que construirá Navantia no estaleiro de Ferrol e cuxa produción arrincará a partir de marzo" de 2022.

"Esta empresa traballa no desenvolvemento e construción na primeira fábrica de bloques do mundo, que será capaz de producir para os nosos buques dunha forma significativamente máis eficiente, alcanzando ata un 25% de mellora", precisou.

No acto participaron numerosas autoridades, entre as que se atopaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen ante empresarios do sector naval e da industria auxiliar, referiuse a a carga de traballo nos estaleiros ferroláns.

Así, reivindicou que "ben merece a pena traballar por Ferrol, cada un facendo os seus deberes, cunha industria auxiliar que necesita que empecen as fragatas, porque pola contra a destrución de emprego que xa se produciu pode ser irreversible".

Tamén aproveitou a presenza do presidente de Navantia no acto para pedirlle que "siga apostando por Ferrol". "E dígoo dunha forma explícita, porque acaba de chegar e non é a súa responsabilidade o atraso no inicio das fragatas F-110", resolveu.

Recreación virtual da futura fragata F-110 para a Armada española que fará Navantia.. NAVANTIA
Recreación virtual da futura fragata F-110 para a Armada española que fará Navantia.. NAVANTIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta