Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/02/2014 | Actualizada ás 12:00
Unha quita da débeda sobre o 60%, a capitalización da débeda e unha ixección de capital duns 200 millóns de euros. Esta é a oferta que acaban de poñer en riba da mesa a banca acredora de Pescanova, o que a convertería no primeiro accionista co 90 % dos títulos da empresa galega.
Con todo, esta proposta, que compite con outras dúas ofertas, só está apoiada polo 50% dos bancos acreedores, entre eles os que levan o peso das negociacións --Sabadell, Popular, Bankia, NCG, CaixaBank, Santander, BBVA e UBI Banca--. Con todo, outras entidades coma HSBC, Rabobank, Deutche Bank e Commerzbank tamén se poderían sumar a esta proposta.
En todo caso, un dos principais problemas está na porcentaxe da quita, que están disposta a que sexa do 60% poñendo enriba da mesa 200 millóns.
A dos bancos, é ata o de agora a máis interesante posto que rebaixa a quita ao 60% e non máis alá como as outras dúas ofertas que están na mesa; a de Damm e Luxempart --accionistas de Pescanova-- xunto cos fondos de investimento KKR e Ergon Capital Partners e a presentada polos fondos de investimento Centerbridge e BlueCrest.
O prazo límite para a presentación das propostas terminará o 28 de febreiro de 2014, polo que se admitirán os escritos até as 15:00 horas do 3 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.